Presentación
A Mancomunidade de Ordes leva xa tempo traballando nunha estratexia conxunta de todos os seus concellos para artellar estratexias conxuntas para que o turismo da nosa comarca se converta nunha fonte de promoción e de ingresos para as nosas xentes.
Pero unha boa planificación turística non se forma so tendo unha imaxe conxunta, unha plataforma web de promoción e uns folletos de promoción, todo isto é parte do que as institucións podemos e de feito xa temos en marcha, outro dos piares que deben soster esta estratexia é a implicación do sector privado na creación de produto turístico e na definición de obxectivos e sinerxías entre o propio sector e tamén coas diferentes administracións, e así é como o vemos desde a Mancomunidade de Ordes, por iso poñemos en marcha este proxecto que pretende formar ás nosas empresas do sector turístico.
A Academia de Turismo conta cunhas “Clases maxistrais” nas que contaremos cun importante plantel de formadores, todas estas persoas contan unha ampla experiencia en cada un dos subsectores do turismo.
o que precisas para saber
Como participar
Como puideches ler, hai dous xeitos de participar, presentando unha candidatura á ser unha das empresas mentorizadas na Academia e outro dos xeitos e asistindo ás Clases Maxistrais que se impartirán e das que podes ver o programa nesta mesma web.
solicitude empresa mentorizada
Se queres participar como unha das 10 empresas que serán mentorizadas, debes cubrir esta solicitude, esta solicitude non supón que a túa idea ou proxecto sexa seleccionada, se non que será avaliada e seleccionada pola dirección da academia, despois da análise da mesma, para o cal é probable que che solicitemos mais información e incluso se concerte unha entrevista:
Clases Maxistrais
Programa
A estas masterclass poderán asistir as empresas mentorizadas, pero tamén calquera outra persoa que o desexe, xa que serán RETRANSMITIDAS ONLINE
Se o que queres é participar nas clases maxistrais, no programa poderás acceder a información de cada unha delas e tamén poderás realizar a solicitude de admisión, xa que serán prazas reservadas. Para estas accións terán prioridade as persoas con domicilio na Comarca de Ordes, podendo participar xente da mesma, sempre e cando non se cubran as prazas.
As accións serán impartidas por persoal capacitado e con grande experiencia, sendo estas as accións que se realizarán:
Coñece aos
Expert@s
Cada un dos mentores que se lle asigne a cada empresa acordará as datas e tempos de duración das xuntanzas de mentorización entre os meses de setembro a decembro do presente ano, tamén acordarán coa empresa si a reunión é presencial ou a distancia.
Ao final da mentorización realizarase un acto de presentación dos proxectos mentorizados, co fin de dalos a coñecer.
Contacto
© Mancomunidade de Concellos de Ordes