Igrexa de San Martiño de Cerceda

Dirección

Rúa Vila da Eirexa, 15185 Cerceda, A Coruña

  • Lugar: O Briño.
  • Parroquia: San Martiño de Cerceda.
  • Denominación: Igrexa parroquial de San Martiño de Cerceda.
  • Cronoloxía: Século XVIII.

Preto da capital do concello atópase este templo rural ben conservado e situado nun contorno moi ben coidado, facendo conxunto co camposanto.

A estrutura arquitectónica do edificio é de planta rectangular, cunha soa nave con cuberta de madeira de recente construción e tellado a dúas augas no exterior, e presbiterio cuadrangular ao que se engade unha pequena sancristía. No interior un arco triunfal separa a nave do altar, cuberto con bóveda de canón .

A sinxela fachada principal, de cantería vista, repite o esquema clásico: porta rectangular moldurada, van en forma de óculo, tamén moldurado, e espadana de dous vans rematada en pináculo con bóla, mentres que o resto da construción aparece parcialmente revocado.

No seu interior, no altar maior, sitúase un sinxelo retablo, no que aparece a imaxe de San Martiño, santo protector do templo.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top