Igrexa de San Martiño de Rodís

Dirección

Rua Adro, 36, 15186 O Adro, A Coruña

  • Lugar: Rodís.
  • Parroquia: San Martiño de Rodís.
  • Denominación: Igrexa parroquial de San Martiño de Rodís.
  • Cronoloxía: Século XII (orixe románica). Fachada do século XIX.

A igrexa rural é de orixe románica e está nun aceptable estado de conservación. Sitúase nun contorno de gran fermosura, co campo de festas no lateral dereito e grandes árbores.

A planta, rectangular, remata nunha ábsida cuadrangular de menor tamaño á que engade outro pequeno espazo, no que se sitúa a sancristía, creando no exterior un xogo de volumes cúbicos.

Consta dunha única nave con arco triunfal que separa o altar cuberto por bóveda de canón. Os contrafortes exteriores e os canzorros sostendo a cornixa lembran a súa orixe románica.

A fachada presenta o reiterado esquema de porta, óculo e pequena fiestra abucinada e como coroación do cume, que remata en forma curva, unha torre campanario, con cúpula de pedra. Nunha das fachadas laterais aparece unha entrada, hoxe tapiada.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top