Igrexa de San Román das Encrobas

A parroquia cercedense das Encrobas foi protagonista en 1977 da revolta agraria máis célebre de Galicia. O que ata aquel entón fora un fértil val agrario pasou a ser unha gran mina de lignito que condeou á desaparición de boa parte das aldeas. Os veciños e veciñas, obrigados a abandonar terras e casas, protagonizaron unha grande mobilización que tivo eco nos xornais de toda Europa. A pegada daqueles feitos quedou inmortalizada na literatura e na música galega. Un exemplo é a célebre ‘Cantiga das Encrobas’, popularizada por Fuxan os Ventos.

O que antes foi unha mina de ceo aberto hoxe é o Lago das Encrobas, un extensísimo espazo natural que reconcilia a vella actividade industrial coa natureza. Nun dos cumios da parroquia, como testemuña do pasado, está a fermosísima igrexa de San Román das Encrobas, un templo de estilo románico que foi trasladado pedra a pedra dende o seu emprazamento orixinal.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top