Igrexa de Santo André de Meirama

Dirección

Rua Pazo, 6, 15188 Meirama, A Coruña

Lugar: Meirama.

Parroquia: Santo André de Meirama.

Denominación: Igrexa parroquial de Santo André de Meirama.

Cronoloxía: Século XIII (ábsida).

A igrexa rural de Santo André de Meirama é outro dos templos de orixe románica do concello de Cerceda, aínda que hoxe a conservamos transformada debido a remodelacións posteriores.

O seu estado actual é bo, xa que pasou por unha restauración no ano 1986. A sinxela disposición dos elementos arquitectónicos é a mesma que atopamos noutros exemplos da zona.

Posúe planta rectangular cun pequeno corpo engadido na cabeceira dun lateral, a sancristía. Unido a ela, construído con posterioridade, aparece un pórtico lateral sostido por piares de madeira. A única nave sepárase do presbiterio, que ten forma cuadrangular, por medio dun arco triunfal. Os muros de carga son de cantería e a cuberta a dúas augas de tella curva. Cómpre mencionar a presenza de cemento en moitas partes da construción, consecuencia desas remodelacións xa citadas. Na fachada, como é habitual, prima a sobriedade, seguindo o esquema de porta, van e espadana en pedra labrada, os dous primeiros rectangulares e lixeiramente moldeados e a última dun arco e rematada en cornixa coroada por unha cruz e pináculos con bólas nos extremos.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top