Emprazada nunha estrema da parroquia cercedense de Rodís atopamos A Pedra Cerdeira. Este penedo de grandes dimensións está situado no monte do mesmo nome e é con diferenza o punto máis elevado da comarca (600 metros). Alí nace a Serra de Montemaior, que separa a meseta de Ordes dos amplo val bergantiñán.
Os viaxeiros que suban ata aquí percorrerán un territorio cheo de lendas e mitos (casas da moura, fortalezas…) pero sobre todo gozarán dunhas espléndidas vistas que permiten observar boa parte das comarcas de Ordes, Bergantiños e Compostela (co Pico Sacro no horizonte) e mesmo, se o día acompaña, dun parte da bahía coruñesa.