Dende o ano 2000 Cerceda é un referente estatal en turismo acuático. Cada verán son milleiros as familias que se desprazan ata o municipio para pasar o día nun dos maiores parques acuáticos da península ibérica. Tobogáns xigantes, jacuzzis, piscinas de olas e moitas outras atraccións fan as delicias de usuarios grandes e pequenos, que teñen á súa disposición unha zona verde moi ampla, na que non faltan servizos hostaleiros e mesmo a atención sanitaria.
Para completar o día de lecer, a carón destas instalacións, está o Paseo Fluvial do Acevedo e tamén o Xardín Botánico, que conta con 35.000 metros cadrados de zona verde onde se poden contemplar especies de moi diferentes zonas do planeta.