Son múltiples os factores que converten o concello de Cerceda nun lugar apropiado para a creación dun Ecomuseo que descubra e interprete, tanto a poboación local como o medio ambiente, a historia, a economía e a sociedade que o caracteriza.
Fermosas paisaxes e abundantes tradicións populares combínanse aquí cun dos centros de produción enerxética máis importantes do país, a planta de Sogama ou o moderno centro de ocio “Aquapark”.
O Ecomuseo é un museo interactivo que irá cambiando ao longo dos anos, é dicir, o que alí aparece hoxe como un proxecto, dentro duns anos será actualidade.