O 28 de decembro de 1994 inaugurouse en Cerceda un museo dedicado aos mouchos, e dende daquela ata hoxe conseguiuse completar unha colección de máis de cinco mil pezas que inclúen esculturas, cadros de pintores galegos, libros e incluso artigos de xoiería. Unha gran vidreira policromada, obra de D. José Espona, sitúa o moucho na árbore do paraíso.
O visitante poderá ler, tocar e incluso escoitar todo o relacionado cos mouchos grazas a unhas instalacións interactivas, apoiadas por paneis informativos e ilustrados, onde se recollen anécdotas e crenzas populares.