O Festival DesOrdes Creativas

DesOrdes Creativas é un festival internacional de arte na rúa que se celebra cada ano en Ordes ( A Coruña ) e que reúne en cada edición a unha coidada selección de artistas do millor do panorama galego, estatal e internacional. Trátase do Festival máis lonxevo de Galicia e o segundo a nivel estatal deste eido e tamén un dos referentes a nivel europeo e internacional.

O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana, pensamento crítico e diálogo social, que convirte vellos espazos en desuso ou abandoados en novos lugares cheos de vida e cor pra o desfrute colectivo,  e onde se xeran novas relacións de comunicación non publicitaria. Un grande museo público e gratuíto a ceo aberto.

Imaxes do DesOrdes Creativas

Comparte!
Scroll to Top