Capela das Virtudes de Vitre

Na parroquia fradense de Vitre, entre un batallón de carballos centenarios emerxe a capela das Virtudes. Ata esta fascinante carballeira acoden cada ano multitude de romeiros chegados de toda a comarca ordense para honrar á Nosa Señora da Virtudes.

A planta da capela, que vén condicionada polo terreo irregular e en pendente, é rectangular cun corpo engadido no lateral da cabeceira, que lle confire un aspecto en “L”. No alzado presenta dous corpos graduados en altura, producindo un xogo de volumes que outorga maior dinamismo ao conxunto. As cubertas son de tella curva a dobre vertente e os vans moi escasos.

A decoración redúcese a unha espadana en dobre altura, con pináculos ornamentais e unha cruz pintada no alzado lateral dereito. A fachada segue o esquema común á zona: porta, van e espadana nun mesmo eixo lonxitudinal central. Encóntranse en bo estado, dada a súa recente restauración, cos parámetros revocados en branco e as esquinas e marcos dos vans formados por pezas de cantería á vista.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top