Capela de San Paio e Cruceiro de Añá

Situada na parroquia de Añá. A sinxeleza e pequenas dimensións, así como a súa situación nun contorno natural illado, son características en común coas outras ermidas do termo. É de planta rectangular dunha soa nave cun pequeno engadido lateral de forma tamén rectangular que fai as funcións de sancristía e que tamén ten entrada desde o exterior. Unha inscrición da fachada revélanos o seu ano de construción, 1907.

Construída en cachotería, aínda conserva o revoco nalgunhas partes. A fachada está sen recebar, coa cachotería á vista, e segue o reiterado esquema pentagonal, aínda que a menor escala, con porta, van e espadana dun só arco rematada en pináculos e cruz, nun mesmo eixo central, e acroterios nos extremos superiores.

O cruceiro ten plataforma cuadrangular, pedestal cúbico, varal circular, capitel cilíndrico, no anverso un Cristo crucificado e no reverso a Dolorosa.

Presenta cuberta de tella curva a dúas augas. Non posúe vans agás a pequena fiestra enriba da porta, que é a única que proporciona luz á nave. En torno a ela celébrase unha romaría popular á que acoden devotos dos lugares veciños.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top