Capela de San Roque

Na parroquia fradense de Moar, atopamos a capela de San Roque. De estilo barroco, esta é unha boa mostra da interesantísima arquitectura relixiosa que se ergueu nestas terras. O inmoble posúe unha planta rectangular que, a pesar de ter unha soa nave, está composta por tres corpos a diferentes alturas que lle dá ao edificio unha imaxe de maior volume. Os seus muros son de cachotería á vista.

Moi preto érguese un peculiar cruceiro e un palco da música de construcción máis recente. Non é para menos, dende tempo inmemorial a esta paraxe acoden romeiros a honrar o seu patrón.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top