Igrexa de Santa Mariña de Gafoi

Dirección

CP-3802, 28, 15686 Ponte Carreira

Moi preto do núcleo máis poboado de Frades (A Ponte Carreira) está a igrexa parroquial de Santa Mariña de Gafoi. Esta é unha parada obrigada para os amantes da arquitectura relixiosa. O templo, probablemente anterior ao século XII, móstranos claros elementos románicos como é o caso da súa porta, na que atopamos figuras zoomorfas, antropomorfas e vexetais. No adro tamén podemos atopar unha cruz celta de granito.

O inmoble, con remodelacións notables na época barroca, presenta unha planta rectangular con presbiterio separado por arco triunfal, que acolle un retablo de madeira tamén barroco, con columnas abalaustradas.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top