Área recreativa Os Pasos

O concello de Frades destaca polos seus espazos naturais, un dos máis destacados é á chamada área recreativa dos Pasos, na parroquia de Aiazo. Emprazada na ribeira do río Tambre, conta con aparcadoiro, aseos, parque e incluso unha pista polideportiva.

Sen dúbida este é un lugar privilexiado para facer un alto no camiño e repoñer forzas. O viaxeiro atopará aquí varias grellas e mesas onde poder comer, tamén unha ponte que cruza o río Tambre e que convida a un paseo tranquilo, tanto a grandes como a pequenos.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top