Frades é un municipio que presume de ter algunhas das mellores e máis modernas explotacións leiteiras de Galicia, mais para comprender como chegou ata aquí que mellor maneira que visitar a chamada Sala Etnográfica. O espazo, que se encontra nas inmediacións da casa consistorial, quere ser “unha homenaxe ás mulleres e homes de Frades que fixeron posible esa superación, e, en xeral a tantas xeracións de galegos e galegas aos que lles debemos o noso actual benestar.”
O recinto reúne interesantes apeiros que foron quedando en desuso, tanto utensilios de traballo como de fogar. O viaxeiro pode visitar esta exposición no edificio multiúsos, todos os días laborais en horario de mañá, ou noutros horarios con cita previa.