Pazo de Galegos

Na parroquia fradense de Galegos atopamos o pazo do mesmo nome. Construído no século XVII, o seu escudo mostra as armas dalgunhas das estirpes galegas máis poderosas (Mosquera, Montenegro, Andrade…). Unha efeméride deixa ben clara a importancia deste inmoble. En 1690 a raíña Mariana de Neoburgo, segunda muller de Carlos II, durmiu neste pazo e así quedou inscrito nun lintel da casa:

En 15 de Abril de 1690 durmiu nesta casa a Raíña Ntra. Sra D.a Mariana de Neoburgo, muger do rei Ntro. Sr. D. Carlos 2º, vindo da Coruña en Romaxe a Ntro San Apóstol Santiago. Sendo donos desta Casa D. Antl. Mosquera Pimentel Riva de Neira casado con D.a Baltasara Antonia de Luna Lovera e Valladares. Ad Majorem Del Gloriam.»

Aínda que hoxe pertence a unha orde relixiosa (de aí que tamén se coñeza popularmente como o Pazo das Monxas), foi segunda residencia de diversos persoeiros, entre eles o célebre avogado, xornalista e ministro Aureliano Linares Rivas (1841-1903).

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top