Casa Grande de Xanceda

Dirección

Lugar Casa Grande de Xanceda, s/n, 15685 Mesía

Tel.:

A Casa Grande de Xanceda é un dos grandes símbolos do emprendemento rural e tamén a constatación que a tradición e a modernidade poden, e deben, ir da man. Esta casona do século XVIII acolle hoxe unha granxa ecolóxica con máis de 200 hectáreas de prados e bosques que a circundan. O proxecto ten a súa orixe nun matrimonio de célebres xornalistas galegos que hai máis de medio século (na década de 1960) escolleron esta casa para vivir: María Victoria Fernández-España e Felipe Fernández Armesto. O matrimonio foi pioneiro ao apostar xa naquel entón por unha agricultura sustentable e pola importación das primeiras vacas de raza frisoa, que logo se popularizarían por toda Galicia.

A día de hoxe, Casa Grande de Xanceda é un dos maiores produtores ecolóxicos de toda España, poñendo no mercado produtos como: leite, iogures, queixos, manteiga, iogur de beber ou marmeladas. Na Casa Grande de Xanceda organizan visitas guiadas para coñecer as instalacións e o proceso de elaboración dos seus produtos ecolóxicos. Para realizar unha visita guiada é imprescindible reservar con antelación.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top