Castelo de Mesía

Esta torre fortaleza, tamén coñecida como O Castelo de Mesía, atópase na freguesía de Bascoi. Aínda que hoxe son unhas ruínas, o lugar ten unha importancia histórica que xustifica sobradamente a visita. Construída como fortaleza militar a finais do século XIII, o inmoble foi destruído nas revoltas irmandiñas e reconstruído polo famoso arcebispo Fonseca.

A torre-fortaleza de Mesía era un punto estratéxico de carácter militar que significaba o control e o dominio territorial dunha ampla zona xeográfica. Distintos autores citan o señorío de Mesía e a súa torre ao longo da historia, e atopamos descricións moi interesantes como a que fixo o Cardeal Hoyo en 1608, cando visitou esta diocese:

“La fortaleza de Mesía está a siete leguas de la ciudad de Santiago hacia Betanzos. Tiene las paredes fuertes y unos durrumbaderos por toda ella. Alrededor y por la parte Oriente y del Septentrión, la cerca un río (el Samo) y sólo la entrada por la puerta tiene llana. Tiene algunos aposentos y razonable vivienda, pero muy lóbrega y melancólica. En la fortaleza y juzgado de Mesía, que tiene 2.000 vasallos, pone (el Arzobispo) un juez, el cual asimismo es alcaide de dicha fortaleza.”

Nas súas inmediacións hai rutas sinalizadas que nos axudan a comprender mellor a súa importancia como encrave de referencia entre A Mariña coruñesa e a capital de Galicia.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top