Esta área está situada na parroquia de Xanceda e é un lugar de ocio para grandes e pequenos. Ten unha zona de merendeiro, un parque infantil e unha pista de tenis. Nas inmediacións se atopan o campo de fútbol de Xanceda e a piscina municipal. Esta última abre só durante o verán, xa que son dúas piscinas ó aire libre.