Casa do Coronel

Mesía é terra de casas de liñaxe, bos exemplos son A Casa Grande de Xanceda, O Pazo da Vila, o de Recelle ou o de Lago. Porén, hai un inmoble ben singular na parroquia de Cabrui: a coñecida popularmente como Casa do Coronel (hoxe en día un establecemento turístico que leva o nome de Casa Vilanova).

O inmoble, que data da década de 1920, é obra dun novísimo Antonio Tenreiro, que máis tarde se convertiría nun referente da arquitectura galega. Aquel principiante que se atreveu co peculiar xogo de volumes desta casa, sería despois o autor de obras de referencia na Galicia do século XX: como é o caso da Casa Barrié ou o mercado de Santo Agostiño na Coruña.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top