Ruta da Fraga aos Muíños

Esta ruta comeza no lugar dos Ricos (Visantoña) e remata na Ponte Carballa (Olas). Ten unha lonxitude total de 13.450 metros e un desnivel neto de 98 metros, xa que parte dos arredor de 400 metros de altitude sobre o nivel do mar e remata en pouco máis de 300. Está identificada a nivel autonómico como PR-G117.

A ruta está considerada de nivel de dificultade baixo. O tempo estimado para completar o seu percorrido é de arredor de tres horas e media. Ao longo do percorrido atoparemos varios muíños, catro deles totalmente recuperados. Son o da Ribeira, o de Queiroa, o do Batán e o da Cubela. Nos paneis informativos figuran ilustracións e textos descritivos dos elementos arquitectónicos dos muíños e do seu valor patrimonial e etnográfico, derivado da utilidade económica e social que tiñan hai só unhas décadas.

Outro dos grandes atractivos da ruta de sendeirismo homologada do Concello de Mesía son as paisaxes agrarias e forestais propias da zona, con proliferación de especies de flora e fauna autóctonas. Destaca ademais que nunha boa parte do seu percorrido recuperáronse sendas e camiños antigos.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top