11 EMPRESAS SERÁN MENTORIZADAS NA ACADEMIA DE TURISMO

Despois de analizar as 28 solicitudes recibidas, o órgano de selección da Academia de Turismo da Comarca de Ordes decidiu ampliar a 11 os proxectos seleccionados en vez dos 10 previstos inicialmente.

Estes proxectos van desde novos aloxamentos, a mellora ou reorientación de negocios de hostalaría, pasando por proxectos ligados ao inglés para o sector turístico, empresas de turismo activo e incluso publicacións privadas de promoción de destino.

Desde o equipo de selección queremos transmitir a nosa ilusión ante os retos que se nos propoñen e esperamos poder axudar a que saian de aquí novas iniciativas empresariais que cren riqueza e emprego na comarca. Agradecer tamén ao resto dos proxecto presentados que algúns deles se quedaron fora, algúns deles por ser de fora do noso ámbito de actuación xa que incluso nos chegaron proxectos de Andalucía e de outras partes de Galicia.

A partires de agora a todas estas iniciativas se lle ofrecerá un asesoramento individualizado por parte dos nosos mentores e mentoras, despois dunha primeira xuntanza individual que se celebrará nos vindeiros días.

A Academia segue funcionando e calquera persoa que o desexe pode anotarse ás diferentes accións formativas previstas os mércores e os venres de estes meses de outubro e novembro, so tes que anotarte e che pasaremos o enlace para acceder online, ou ben podes asistir presencialmente, https://mancomunidadeordes.gal/academia-de-turismo.

Scroll to Top