Nace a “Academia de Turismo da Comarca de Ordes”, o novo proxecto da Mancomunidade para promover o turismo local

O pasado venres día 10 de setembro presentamos na Praza de Abastos de Ordes este novo proxecto co que se busca formar tanto empresas como emprendedores/as de toda a comarca no sector turístico. O obxectivo é aportar, a través de clases maxistrais e mentorizacións, as ferramentas necesarias para facer do turismo un reclamo local e unha fonte de ingresos para as nosas xentes.

Se estás interesado/a en formar parte desta nova iniciativa, podes facelo ben presentando a túa candidatura como emprendedor ou empresa mentorizada ou ben, como asistente ás Clases Maxistrais.

Se queres ser un dos dez proxectos que serán mentorizados, debes cubrir a solicitude a través deste enlace:

Academia de Turismo

Para obter máis información acerca da Academia de Turismo, non esquezas seguir as nosas redes ou visitar a web da Mancomunidade.

Scroll to Top