A exposición itinerante A Ruta dos Museos: Camiños de Arte chega a A Cerceda

Desde o 8 de setembro ata o 25 de setembro, desde Gandía, chegan ata o noso concello obras de pintores de todas as partes de España, e parte do estranxeiro, como dous autores achegados da República Dominicana e outros dous de Francia e Colombia. Todos eles están dentro desta exposición itinerante coñecida como a Ruta dos Museos: Camiños da Arte.
Os autores reflicten na súas obras diferentes temáticas, estilos e técnicas, que van desde o abstracto, realismo, naïf… Así o relatou nos diferentes contactos telefónicos que mantivemos con ela dende o concello a comisaria da exposición, Liliana Hernández, así como a súa pena por non poder achegarse a Cerceda a esta nova inauguración, pola situación da Covid-19 en xeral. Liliana Hernández é a encargada de xestionar a asociación sen ánimo de lucro do Círculo Artístico Reino de Valencia.

A exposición vai contar con 39 cadros de 30 creadores, algúns deles premiados, consolidados, e outros emerxentes.

A duración só vai ser dun mes, xa que ao ser unha exposición itinerante, a fin de mes trasládase a outro concello, así que nos vemos na obriga de adaptar esta circunstancia á normativa de peche de instalacións deportivas e culturais de xestión municipal que o Concello de Cerceda adoptou o venres pasado.

As obras estarán expostas na Biblioteca Municipal de Cerceda, na aula de exposicións Xosé Neira Vilas.

Debido á situación de excepcionalidade que estamos a vivir pola COVID-19, a exposición vai ser con cita previa. Pode solicitarse no 981685036.

Scroll to Top