Un total de 20 alumnos poderán participar no obradoiro dual de emprego ‘Mancomunidade Ordes III’

A Mancomunidade de Ordes desenvolverá o obradoiro dual de emprego ‘Mancomunidade Ordes III’,  financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

A formación está dirixida a persoas desempregadas maiores de 18 anos. Os participantes recibirán unha formación de doce meses nas especialidades de pintura industrial en construción e montaxe de mobles e elementos de carpintaría, ambas en nivel II.

As persoas interesadas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado obradoiros duais de emprego antes do 25 de outubro.

Para acudir á oficina de emprego de Ordes podes pedir cita a través do  981 900 643 ou na web emprego.xunta.es/citaprevia

 

CONSULTA AQUÍ AS BASES DO OBRADOIRO

Scroll to Top