As persoas interesadas en participar deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitados os obradoiros de emprego.
Este obradoiro é promovido pola Mancomunidade e nel colaboran os Concellos da Comarca de Ordes.
Será un obradoiro cun contrato de formación e aprendizaxe de doce meses de duración e dirixido a 16 mozos e mozas menores de 30 anos que estean inscritos no ficheiro nacional de garantía xuvenil.
As especialidades que se impartirán son:
FÁBRICAS DE ALBANELERÍA. Nivel 1 .
TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE. Nivel 2 .
Todas aquelas persoas interesadas en participar na selección tanto de persoal directivo, docente e de apoio como de alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitados os obradoiros de emprego.
Para máis información poden contactar co servizo de emprego da Mancomunidade de Ordes, nos baixos da alameda de Ordes ou no teléfono 981680679.