A Mancomunidade de Ordes dinamiza o outono da comarca co programa ‘Vai de Feira’

  • A iniciativa, levada a cabo grazas á colaboración da Axencia Galega de Turismo, inclúe o encontro folclórico de Ordes, a festa rural de Frades e a festa da matanza de Trasmonte, en Oroso.

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aposta pola dinamización do outono na comarca a través do programa ‘Vai de Feira’, con tres actividades nos Concellos de Ordes, Frades e Oroso.

A primeira delas, o encontro folclórico de Ordes, terá lugar o 12 de agosto nun envento que reunirá a agrupacións como a AAVV Leira, Ardevento, Faíscas da Pontraga, Sementes do Arte e Camiño Real de Poulo.

En setembro, os días 16 e 17 celebrarase a festa rural no Concello de Frades, e finalmente a programación do ‘Vai de Feira’ pecharase o 5 de novembro coa festa da matanza de Trasmonte, en Oroso.

Desde a Mancomunidade agradecen “a estreita colaboración da Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia para que o xeodestino Terras de Ordes poida contar co potencial suficiente para desenvolver programas como Vai de Feira”

Scroll to Top