As sesións impártense en Ordes cada martes en horario de mañá. Sucederanse ata a véspera do exame, que se prevé que sexa a finais de xuño.
Máis de 40 persoas participan nas clases de apoio de cara á obtención das competencias clave para o nivel II de cualificación profesional, levadas a cabo pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. As sesións impartiranse cada martes en horario de mañá no local situado na rúa Reconciliación.
A axente de igualdade do CIM, a técnica de Prevención de Drogodependencias e a técnica do Servizo de Normalización Lingüística impartirán as clases. O obxectivo máis inmediato é o de facilitar o asesoramento e ofrecer información e apoio para aquelas persoas que estean interesadas en ir ás próximas probas avaliativas que terán lugar en Silleda a finais de xuño. No caso de Galicia esíxense as competencias en lingua castelá, lingua galega, linguas estranxeiras e matemáticas.