A Mancomunidade de Ordes leva a BioCultura a gastronomía da comarca e ‘Os Lugares do Paraíso’

  • A Mancomunidade estará presente en ExpoCoruña ao longo desta fin de semana con mostras de produtos gastronómicos típicos e con información sobre as rutas guiadas ‘Os Lugares do Paraíso’.

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes está presente desde hoxe venres na Feira de Produtos Ecolóxicos e Ecoturismo ‘BioCultura’ que se celebrará ao longo desta fin de semana no recinto de ExpoCoruña, na cidade herculina.

A presencia da Mancomunidade no evento estará centrada na promoción da gastronomía da comarca a través de mostras de produtos como queixo, grelos, rosquillas, marmelo ou o tradicional queique de Ordes, entre outros.

Ademais, tamén se instalou unha pantalla con material audiovisual para a promoción da serie de rutas guiadas promovidas polo ente supramunicipal ‘Os Lugares do Paraíso’, contando tamén con persoal para proporcionar información sobre as mesmas para todas as persoas que o desexen.

Horarios a visitantes
O stand estará dispoñible aos visitantes será hoxe, venres 3 de marzo, de 11.00 a 20.00 horas. O sábado farao en horario de 11.00 a 20.30 horas mentres que o domingo , última xornada do evento, estará aberto de 11.00 a 19.00 horas.

Scroll to Top