A Mancomunidade de Ordes organiza o programa educativo ‘Construíndo unha comarca mellor. As nosas cooperativas’

  • A iniciativa intégrase no marco da Rede Eusumo, impulasada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
  • A presentación das cooperativas elaboradas polos centros educativos participantes terá lugar o venres 7de xuño na casa da cultura de Ordes.

A Mancomunidade de Ordes, ao abeiro da Rede Eusumo da Xunta de Galicia, organiza o programa educativo ‘Construíndo unha comarca mellor. As nosas cooperativas’ no que ao de redor de 50 persoas entre alumnado e profesorado de catro centros de ensinanza da comarca elaborarán as súas propias cooperativas.

Na iniciativa participan o CPI Xanceda, de Mesía, o CPI O Cruce, de Cerceda, o CPI Ponte Carreira, de Frades e o IES Maruxa Mallo, do Concello de Ordes. A través dela, o alumnado destes centros terá a oportunidade de deseñar a súa propia cooperativa coas miras postas na mellora da comarca a través de proxectos que aposten por valores como a sustentabilidade e a promoción do emprego.

A presentación dos traballos terá lugar o vindeiro 7 de xuño, nun acto programado para celebrarse de 10:00 a 13:45 horas na casa da cultura de Ordes. Nel, os participantes presentarán as cooperativas escolares e poderán escoitar as opinións das persoas asistentes e de intercambiar ideas co alumnado de outros centros.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023 – 2024 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Preme aquí para acceder a toda a información

 

PROGRAMACIÓN

Scroll to Top