A Mancomunidade de Ordes pechará o proxecto ‘Terra Activa’ no concello de Mesía o vindeiro 9 de setembro

O proxecto ‘Terra Activa’, posto en marcha pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes en colaboración coa Deputación da Coruña, chegará ao seu fin o vindeiro sábado 9 de setembro no concello de Mesía.

O obxectivo final do mesmo é promover a dinamización cultural e natural da comarca e, deste xeito, atraer visitantes aos lugares da área como Tordoia, Trazo, Cerceda ou Mesía. En todos eles xa se desenvolveron diversas actividades de éxito e, agora, será a quenda de ‘Mesía Activa’.

O Concello de Mesía, en colaboración coa asociación Raíña Paraíso, organiza no campo da Raíña (na parroquia de Cabrui) xogos populares, obradoiros ou actuacións musicais.

Tamén se levará a cabo un roteiro teatral a partir das 15:00 horas e en grupos de 25 persoas. O prezo da actividade é de 10 euros por persoa, sendo gratis para os menores de 10 anos. Hai 200 prazas dispoñibles.

Por outra banda, ás 21:00 horas haberá unha cea campestre con produtos tradicionais por 12 euros, 5 euros para os nenos ou nenas ata 10 anos.

As inscricións abríronse este venres, 18 de agosto, ata esgotar entradas. As persoas que desexen participar tanto no roteiro coma na cea deberán ingresar os cartos na seguinte conta: ES20 2080 0024 1530 4002 1038. Posteriormente deberán remitir o recibo de pago a roteiroteatralmesia@gmail.com

Máis información chamando ao 693 747 500 ou 660 873 949.

 

Scroll to Top