- A iniciativa, promovida pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), desenvolverase no museo do Traxe Juan José Linares de Ordes nos meses de xuño e xullo.
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes redobra a súa aposta pola inclusión de mulleres con discapacidade colaborando de novo co programa Enrédate, promovido por ACADAR.
A iniciativa consistirá en obradoiros grupais e intervencións individuais con mulleres, co obxectivo principal de promover a igualdade de oportunidades na participación social e a autonomía persoal das mulleres con discapacidade, en especial das que viven en zonas pouco poboadas.
As sesións terán lugar durante os venres 9,16,23 e 30 de xuño e 7,14,21 e 28 de xullo, no Museo do Traxe Juan José Linares de Ordes, en horario de 10:30 a 13:30 horas.
As persoas que desexen anotarse ou recibir maior información poderán obtela contactando co CIM da Mancomunidade de Ordes no 981 682 108 ou a través do enderezo cim@mancomunidadedeordes.gal . Tamén poderán facelo a través de ACADAR no 674 073 092 ou en info@acadar.org