A MANCOMUNIDADE DE ORDES VAI INICIAR PROXIMAMENTE AS CLASES DE APOIO DE COMPETENCIAS CLAVE

Máis de 40 persoas están interesadas nas clases de apoio de cara á obtención das
competencias clave para o nivel II de cualificación profesional, e levaranse a cabo pola
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

As competencias de matemáticas e lingua castelá impartiranse en Ordes cada martes en
horario de mañá e as de lingua galega os xoves no Salón de Plenos (Baixos da
Alameda). Comezarán o vindeiro 28 de febreiro e sucederanse ata a véspera do exame,
que se prevé que sexa a finais do mes de maio.

A técnica de Prevención de Drogodependencias, a axente de Igualdade do CIM e a
técnica do Servizo de Normalización Lingüística impartirán as clases. O obxectivo máis
inmediato é o de facilitar o asesoramento e ofrecer información e apoio para aquelas
persoas que estean interesadas en ir ás próximas probas avaliativas que terán lugar en
Silleda a finais de maio. No caso de Galicia esíxense as competencias en lingua castelá,
lingua galega, linguas extranxeiras e matemáticas.

Scroll to Top