A MANCOMUNIDADE DE ORDES VAI INICIAR PROXIMAMENTE AS CLASES DE APOIO DE COMPETENCIAS CLAVE.
- 18 Marzo, 2022
- 2:29 p.m.
- Mancomunidade
Máis de 45 persoas están interesadas nas clases de apoio de cara á obtención das competencias clave para o nivel II de cualificación profesional, e levaranse a cabo pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.
As competencias de matemáticas e lingua castelá impartiranse en Ordes cada mércores en horario de mañá e as de lingua galega os xoves no local situado en rúa Reconciliación. Comezarán o vindeiro 23 de marzo e sucederanse ata a véspera do exame, que se prevé que sexa a finais de xuño.
A técnica de Prevención de Drogodependencias, a axente de Igualdade do CIM e a técnica do Servizo de Normalización Lingüística impartirán as clases. O obxectivo máis inmediato é o de facilitar o asesoramento e ofrecer información e apoio para aquelas persoas que estean interesadas en ir ás próximas probas avaliativas que terán lugar en Silleda a finais de xuño. No caso de Galicia esíxense as competencias en lingua castelá, lingua galega, linguas extranxeiras e matemáticas.