A MANCOMUNIDADE FORMOU A 102 PERSOAS E SEGUE CON ACTIVIDADES DE TURISMO

Desde a Mancomunidade queremos poñer no voso coñecemento que foron 102 as empresas que acudiron ás diferentes clases maxistrais que se realizaron dentro da “Academia de Turismo da Mancomunidade de Ordes”, estas accións foron desde como atender ao cliente ata o envasado ao baleiro, calculo de custes de menús ou a posibilidade de coñecer diversos casos de éxito sectoriais que levantaron grande interese entre os asistentes.

As accións da Academia continúan coas mentorizacións das empresas que foron seleccionadas e ás que se está axudando en algúns casos en mellorar a planificación do seu proxecto e en outros casos a mellorar diferentes aspectos da súa empresa.

Ademais, desde a Mancomunidade e en colaboración coa Deputación da Coruña, realizaranse dúas accións mais dirixidas aos empresarios, axentes turísticos das administracións e para a poboación en xeral, que pretenden dar a coñecer diferentes recursos do territorio para que dese xeito poidan ser divulgados por aqueles que están en contacto directo coas persoas que nos visitan, por iso prepararmos unha ruta turística polos diferentes recursos que se poñerán en valor na ruta “Comarca de Ordes a ConCiencia” e tamén se realizará unha visita á Casa Grande de Xanceda para coñecer a súa proposta no ámbito do turismo e tamén poder ter unha xuntanza de networking entre os responsables da empresa e outros axentes do sector turístico da comarca.

 

RUTA “Comarca de Ordes a ConCiencia” – Sábado, 11 de decembro

A colaboración entre a Mancomunidade e a Deputación da Coruña está definindo unha ruta de diferentes recursos, que pasarán a formar parte da “Ruta ConCiencia” da nosa comarca, esta ruta pasará a formar parte do proxecto Observer, que divulgará a ruta a nivel nacional e internacional.

A saída do bus será ás 10:00 h. do sábado 11 de decembro, do parque Rodríguez de la Fuente de Ordes e realizará paradas en diferentes puntos dos concellos da nosa Comarca, contando tamén cunha parada para poder tomar un snack, contaremos con guías especializados e estaremos de volta no punto de partida ás 14:00 h.

VISITA A CASA GRANDE DE XANCEDA – Xoves, 16 de decembro

O xoves 16 de decembro realizaremos unha visita guiada a coñecer a granxa da Casa Grande de Xanceda, despois da visita realizaremos unha degustación de produtos e realizaremos unha reunión de networking para poder compartir impresións coa dirección da empresa e as diferentes empresas que participen na actividade.

As persoas anotadas poderán achegarse á Casa Grande de Xanceda polos seus propios medios ou en autobús que sairá do parque Rodríguez de la Fuente de Ordes ás 16:00 h. para comezar a visita ás 16:30 h.

 

COMO PARTICIPAR

Para poder asistir a cada unha das actividades debes anotarte previamente na web da Academia de Turismo:

https://mancomunidadeordes.gal/academia-de-turismo

Para calquera outra información contacta no correo academiadeturismo@sihaho.com ou no tfno. 618004110

 

Todas estas accións son parte da estratexia de turismo da Mancomunidade que comezou no seu día coa realización dun catálogo de recursos que se pode visualizar na nosa web, e que continuou este ano con estas accións, ás que se lle sumarán algunhas acción relacionadas coa difusión por medio de contidos audiovisuais que presentaremos en próximas datas.

 

 

                

Scroll to Top