A Mancomunidade promoverá en Fitur 2025 o valor da natureza e da etnografía da comarca

  • O ente supramunicipal presentará o seu proxecto “Terra Activa” no stand de Galicia en Fitur, o 22 de xaneiro ás 15:40 horas

 A Mancomunidade de Ordes estará presente na Feira Internacional de Turismo Fitur 2025, que se desenvolverá en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro. Alí, o ente supramunicipal presentará o seu proxecto “Terra Activa”, co que busca promover o valor da natureza e da etnografía do destino xeoturístico Terras de Ordes, así como o Camiño Inglés, a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle e a súa proximidade coas cidades da Coruña e de Santiago.

A presentación en Fitur, que terá lugar o mércores 22 de xaneiro, ás 15:40 horas, estará encabezada pola figura de Carmen, unha rapaza de oito anos que percorrerá cos seus debuxos diferentes recunchos das Terras de Ordes, pasando por diversos puntos de interese naturais, patrimoniais, culturais ou arqueolóxicos.

Durante o acto, que se desenvolverá no stand de Galicia en Fitur, intervirán a presidenta da Mancomunidade de Ordes, Susana García, así como representación da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.

Scroll to Top