A Mancomunidade reforza os servizos do CIM cun investimento superior a 135.000 euros

  • A través dunha liña de axudas da Xunta incorporaranse catro novos profesionais e promoveranse programas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

A presidenta da Mancomunidade de Ordes, Susana García, acompañada pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez, a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, e o alcalde de Oroso, Álex Doval, visitou esta mañá o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade. O acto serviu para dar conta da resolución da última convocatoria de axudas da Xunta de Galicia destinadas a tres liñas principais: apoio ao persoal dos CIM, programas de igualdade e prevención da violencia de xénero, e actividades de conciliación e corresponsabilidade.

A través desta orde de axudas, a Mancomunidade de Ordes destinará 120.000 euros á contratación de catro profesionais que reforzarán o equipo do CIM, mellorando a calidade da atención e a cobertura territorial. Ademais, máis de 15.400 euros destinaranse para o desenvolvemento de programas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

A presidenta da Mancomunidade, Susana García, destacou que este investimento supón un paso decisivo na mellora dos servizos e das infraestruturas do CIM comarcal, reforzando a súa capacidade de atención ás mulleres dos sete municipios que forman parte da entidade: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Ademais, fixo fincapé na importancia da cooperación institucional e agradeceulle ao executivo autonómico a súa estreita colaboración para o mantemento e o correcto funcionamento do CIM.

 

Scroll to Top