- A iniciativa, posta en marcha coa colaboración da Deputación da Coruña e co proxecto Desordes Creativas suporá o pintado de murais nos Concellos de Oroso, Frades, Mesía e Trazo.
A Mancomunidade de Ordes, en colaboración coa Deputación da Coruña e o proxecto Desordes Creativas, pon en marcha a iniciativa DesOrdes: Xeodestino Mural a través da cal sumará catro novos murais ao patrimonio artístico da comarca, así como faladoiros e roteiros e a creación dun amplo folleto informativo do proxecto global.
As intervencións levaranse a cabo nos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Trazo durante os meses de novembro e decembro.
Serán varios os artistas responsables de executar as obras, sempre baixo o comisariado e dirección do estudio Mutante Creativo, creadores e directores do proxecto ‘DesOrdes Creativas’.
Desde a Mancomunidade informan que ao longo das vindeiras semanas ampliarase a información sobre o proxecto, debido ao condicionante da meteoroloxía para a execución desta tipoloxía de
actividades no exterior.