A ruta de Oroso pecha a presente edición de ‘Os Lugares do Paraíso’

    • Meimixe, o Lavadoiro das Dolores, a mina de Porto Avieira a igrexa de San Miguel da Gándara e a illa do Refuxio serán as paradas desta actividade que terá lugar o domingo 18 de decembro.
    • A ruta é de dificultade fácil e recoméndase o emprego de roupa de abrigo e calzado axeitado para a práctica deportiva en zonas con terra.
    • Inscricións ata o 17 de decembro en info@viaxesalumar.com ou chamando ao 678 776 951.

O ciclo de visitas guiadas ‘Os Lugares do Paraíso’ despídese este domingo, 18 de decembro, logo dunha exitosa posta en marcha cunha ruta polo Concello de Oroso.

A saída incluirá visitas a algúns dos enclaves máis sinalados do municipio como a contorna de Meixime, na parroquia dos Ánxeles, na que destaca o seu pazo e a capela rodeados ambos dunha fermosa paraxe natural.

O lavadoiro das Dores será a segunda para da xornada e a continuación visitarase a mina romana de Porto Avieira e a igrexa de San Miguel da Gándara, datada do século XVIII.

A illa do Refuxio será a derradeira visita da xornada, onde as persoas asistentes poderán gozar da súa fermosa estampa natural nas beiras do río Tambre.

A ruta está considerada como de dificultade fácil e recoméndase o emprego de roupa de abrigo e calzado axeitado para a práctica deportiva en zonas con terra. A saída terá lugar ás 09.30 desde a rúa Entreparques de Ordes e a chegada está programada para as 15.30 horas.

As persoas interesadas poderán anotarse ata o sábado, 17 de decembro, enviando un mail a info@viaxesalumar.com ou chamando ao 678 776 951.

Scroll to Top