Cerceda, quinta parada de ‘Os Destinos do Paraíso’

  • O museo da minería, o lago das Encrobas, os castros de Guichar e Cerceda ou a pedra Mazafacha serán algúns dos enclaves a visitar.
  • Inscricións en info@viaxesalumar.com ou no 678 776 951 ata o 9 de decembro.

O ciclo ‘Os Lugares do Paraíso’ chega este vindeiro sábado ao Concello de Cerceda na que será a súa quinta ruta guiada.

A actividade incluirá unha visita ao Museo da Minería, unha edificación situada nunha antiga estación ferroviaria de mediados do s.XX, que da testemuña do legado da mina de Meirama.

Tamén se visitará o encoro das Encobras e San Román, unha paraxe natural de gran fermosura que alberga unha antigua mina de lignito.

Os amantes da cultura castrexa tamén poderán gozar dunha parada nos castros de Guichar e de Cerceda e na mesma liña, tamén se visitará a pedra da Mazafacha, atopada no monte do Xalo.

Recoméndase o emprego de roupa e calzado axeitados para a choiva.

A saída terá lugar ás 09.30 horas desde a rúa Entreparques de Ordes e a volta está programada para as 14.30 horas.

As persoas interesadas poderán inscribirse de balde ata o 9 de decembro en info@viaxesalumar.com ou no 678 776 951.

Scroll to Top