A Mancomunidade de Ordes informa de que xa foron convocadas as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2025, ambos incluídos. As persoas interesadas nas clases de apoio deben poñerse en contacto co 981 68 00 02 (Ext 6) Departamento de emprego (Marisé) ou co 607 64 28 63 (Mónica).
Está previsto que ditas probas se desenvolvan na segunda quincena do mes de maio de 2025.