COOPERA ORDES, a cooperativas como solución.

A Mancomunidade de Ordes en colabroación coa Xunta de Galicia quere poñer en marcha este proxecto para compartir a ide de que o modelo de cooperativa pode ser moi interesante para poñer en marcha modelos cooperativos de empresas.

As cooperativas téñense declarado como unha moi boa solución para as empresas que sofren estes tempos de crise, e poden ser un moi bo modelo para que traballadores organizados sigan adiante co seu modelo de vida, pero dun xeito distinto e podendo así tomar as decisións do seu futuro.

Por todo isto, propoñemos dúas actividades dentro das xornadas “Coopera Ordes”, unha delas onde poderemos coñecer de primeira man exemplos de cooperativas que levan anos funcionando con grande éxito en diferentes ámbitos, desde a horta ata o desenvolvemento de software a nivel mundial, pasando pola cultura.

Despois de ver estes exemplos seguro que a moitos dos asistentes lles apetece saber como poñer en marcha unha cooperativa e o que isto supón, por iso nos faremos con un panel de expertos que nos contarán os pasos a dar e as vantaxes que ten unha cooperativa para sacar adiante a nosa iniciativa empresarial.

“Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social”

AQUÍ PODES VER TODA A INFORMACIÓN:

Coopera Ordes

Scroll to Top