A Mancomunidade de Ordes lanza o programa Saídas de Outono co fin de achegar ás persoas interesadas o patrimonio e a historia da comarca.
Durante o outono, a entidade convida aos interesados a descubrir os concellos da Mancomunidade de Ordes a través de visitas guiadas con guía oficial, unha oportunidade para coñecer máis de preto o seu patrimonio, a súa historia e os tesouros que agocha o territorio.
A primeira saída será o domingo 25 de outubro e ao longo da ruta, ademais de descubrir estes lugares cheos de historia e tradición, poderase gozar dunha degustación de produtos locais, unha forma de saborear tamén a esencia desta terra.
Para participar é necesario inscribirse no seguinte correo electrónico: info@viaxesalumar.com, ou no teléfono de contacto 678 776 951.
As prazas son limitadas e as inscricións estarán abertas ata completar a capacidade dispoñible.
Actividade organizada pola Mancomunidade de Ordes e subvencionada pola Xunta de Galicia.
