Dobre cita cultural o 20 de setembro: Ruada en Mesía e Foliada en Galegos

A Mancomunidade de Ordes programa para o vindeiro 20 de setembro unha intensa xornada cultural na que a música será, sen lugar a dúbidas, a gran animadora.

En Galegos, Frades, celebrarase unha Foliada na Fraga do Petón a partir das 19:00 horas. A música virá dada por agrupacións como Garatuxeiros (Curtis), Son da Terriña (Galegos),  Sementes do Arte (Ordes), Sarillo (Aiazo), Faragullas (Teixeiro), A.C. Folque Ruada (A Silva), Do Lado do Sol (Abegondo), Embruxo Gaiteiros (Leira), Faíscas da Pontraga (Tordoia).

O evento contará cunha carpa para previr as posibles inclemencias meteorolóxicas, e tamén con servizo de cantina e degustación de callos.

Ao rematar as actuacións haberá unha foliada aberta á participación de toda aquela persoa que o desexe.

 

I Ruada de Mesía

En Mesía terá lugar a celebración da súa primeira Ruada, enmarcada no proxecto Nantronte. A cita terá lugar desde as 14:00 horas na praza de Bascoi e nela intervirán Faíscas da Pontraga, San Martiño de Cerceda, as pandeireteiras da escola de Mesía e como peche, A Banda da Balbina.

A programación completarase con obradoiros para nenos e adultos, xogos infantís da man de Xotramu e degustaciónde produtos locais.

 

Scroll to Top