- O alumnado de diferentes centros educativos de Oroso, Trazo e Mesía puido comprobar de primeira man os traballos efectuados ao abeiro da iniciativa nos seus concellos.
O alumnado de diversos centros educativos da comarca puideron comprobar de primeira man o avance dos traballos nos murais que se están a realizar no marco do proxecto ‘DesOrdes Creativas: XeoDestino Mural’.
Nenos e nenas dos municipios de Oroso, Trazo e Mesía desprazáronse ata o lugar no que se están a efectuar os murais nos seus respectivos concellos. Alí, guiados polos artistas que están a realizar ditos labores.
A iniciativa ten por finalidade sumar un novo atractivo turístico na comarca, apostando polo muralismo como forma artística, así como conformar unha galería de arte a ceo aberto aínda meirande e consolidar a Mancomunidade como un xeodestino artístico a través da arte urbana.