Frades acolle unha nova xuntanza dun grupo de traballo da Mesa Local contra a violencia de xénero

O concelleiro de Frades, Manuel Ferreiro, vén de recibir no centro sociocomunitario de Ponte Carreira, no concello de Frades, a un dos grupos de traballo da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero na comarca de Ordes, co fin de abordar cuestións chave nas intervencións de violencia de xénero en situación de emerxencia.

Na xuntanza, organizada polo Centro da Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes e os Servizos Sociais Comunitarios de Frades, participou ademais do concelleiro Manuela Vilaboy, xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Gobierno na Coruña.

Ambos se sumaron a unha xornada de traballo con forzas e corpos de seguridade, como o Equipo de Violencia de Xénero da Garda Civil ou as Policías Locais de Tordoia e Cerceda, Servizos Sociais Comunitarios dos sete concellos da Mancomunidade, e persoal do propio CIM.

Trátase da segunda reunión deste grupo de traballo, despois de que a primeira fora organizada xunto ao concello de Cerceda, e na que ademais dos grupos xa mencionados participou persoal dos centros de saúde e centros educativos da comarca.

Scroll to Top