Máis de 150 persoas participaron no programa de visitas guiadas pola Mancomunidade de Ordes

A Mancomunidade de Ordes pechou a pasada semana o seu programa de visitas guiadas “Terras de Ordes, os lugares do paraíso”, unha iniciativa centrada en dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural e patrimonial da comarca. En total organizáronse seis saídas nas que participaron unha media de 28 persoas, achegándose o total aos 170 asistentes.

A programación arrincou o domingo 20 de outubro coa visita a Cerceda, e continuou o domingo 27 en Tordoia. Xa en novembro tiveron lugar dúas saídas máis, o domingo 10, por Frades, e o domingo 24, por Trazo. O itinerario rematou en decembro, coa visita a Oroso, o venres 6, e coa última saída, o pasado xoves 12 en Ordes.

As visitas, con ida e volta dende o concello de Mesía, foron un éxito de participación, cubrindo practicamente todas as prazas dispoñibles, que foron ofertadas de balde e con inscrición previa. Neste senso, e dada a boa recepción da iniciativa, xa se traballa en dar continuidade ao programa con novas edicións.

Scroll to Top