O sábado, 7 de xuño, o ximnasio Campomaior de Ordes acollerá un curso de defensa persoal feminina. Realizarase en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:30 horas.
Aquelas persoas que estean interesadas en inscribirse pódeno facer no CIM, na rúa Alfonso Senra, 106, 2ºA, Ordes; a través do correo electrónico cim@mancomunidadedeordes.gal ou no teléfono 981 682 108. Tamén se pode facer de maneira online nesta ligazón.
A xornada está organizada pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, en colaboración coa Mancomunidade de Ordes, a través do CIM, e o Concello de Ordes.