A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) estará o vindeiro luns, 19 de agosto, en Ordes desenvolvendo a xornada Moito que facer! que se celebrará de 17:00 a 21:00 h na praza Cidade de Veracruz (diante do Centro sociocomunitario Isabel Zendal).
Moito que facer! trátase dunhas xornadas itinerantes polas catro provincias galegas, que se celebrarán en 24 localidades distintas, co obxectivo de sensibilizar á poboación na importancia de que a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade se entendan tendo en conta a diversidade familiar da nosa sociedade.
A xornada está dirixida a todo tipo de familias, que poderán participar en distintas actividades que terán como fío condutor o Moito que facer a través da súa dobre interpretación: por unha banda os moitos “quefaceres” diarios que deben atender as persoas que coidan e por outra banda o moito que queda lle queda por facer á sociedade para que exista unha verdadeira corresponsabilidade no eido dos coidados:
- A partir das 17:00 habilitarase unha carpa informativa onde se poderá acceder a materiais e recursos relacionados coa conciliación, a corresponsabilidade e os coidados con perspectiva de xénero, obter información sobre a lexislación actual, acceder a un webinario sobre corresponsabilidade,
Poden achegarse tamén as persoas que precisen asesoramento sobre monoparentalidade: como solicitar o certificado de familia monoparental, rede de apoio, información sobre axudas, dereitos, lexislación, etc.
- Ás 19:00 haberá unha charla formativa e un faladoiro, onde se afondará nos datos que amosan o impacto que teñen nas vidas das mulleres as desigualdades que existen respecto ás tarefas do fogar e da Conversarase sobre o papel que xoga o tipo de estrutura familiar na conciliación, e das consecuencias persoais, familiares e laborais que ten a imposibilidade de conciliar axeitadamente na saúde e no benestar de todos os membros da familia.
Os nenos e nenas que asistan poderán participar e ser protagonistas nun xogo sobre a corresponsabilidade no fogar.
Todas as persoas inscritas que participen na charla informativa ou no faladoiro recibirán un agasallo.
As inscricións pódense facer en www.fagamos.com ou na mesa informativa o mesmo día da xornada.
Esta actuación forma parte do proxecto “Currunchiños de Conciliación” do Plan Corresponsables e está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad, e desenvolta en colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.